Galego - Castellano
Xoves, 24 Abril, 2008 23:15 h

Béjar

Club Ciclista Burela | Béjar

-Tendo como aloxamento o hotel que en Béjar rixe o que fora gran escalador Lale Cubino,percorremos trala sua roda os paraxes por donde él entrenaba para a Volta e o Tour de Francia.Dende a salmantina Béjar levounos bordeando as Hurdes, para ascender o Portillo de las Batuecas, de sete kms.e moitas curvas en ferradura.Trala cima atópase a vila da Alberca,unha verdadeira xoia.Impresionante baixada e rompepernas ata Béjar.
Na etapa seguinte,e despois do precalentamento a roda de Lale cara o Barco de Avila, media volta e a encarar as empinadas rampas da Covatilla, estrada de acceso a estación de esquí do mesmo nome e final de etapa da Vuelta a España dos derradeiros anos. Son nove kms.inolvidaveis,duros,pero dos que fan gañar adeptos.
O trato de Cubino,insuperable.

Ver PORTILLO DE LAS BATUECAS          Ver LA COVATILLA

Lugar: Béjar
Dia e hora: 20/05/2003 10:00 h

Tags:
Xoves, 24 Abril, 2008 23:14 h

Cantabria

Club Ciclista Burela | Cantabria

-Estivemos na fermosa comunidade montañesa no ano 2.002 ,asentándonos na súa capital, Santander. Partindo de Liérganes, percorremos o val do Pas ata as primeitas rampas do Portillo de Lunada, de longo percorrido e mellores vistas que a todos deixa satisfeitos da aventura. Xa na cima, un bo descenso ata a ermida de Nuestra Sra. de las Nieves y volta por donde viñemos. Ninguén esquencerá estes paraxes.

Ver PORTILLO DE LUNADA

Lugar: Santander
Dia e hora: 21/05/2001 10:00 h

Tags:
Xoves, 24 Abril, 2008 23:13 h

Segovia

Club Ciclista Burela | Segovia

-En Maio de 2.001 fixemos duas etapas pola serra de Madrid,tendo como base Segovia. A primeira rota parte de Soto del Real, a poucos kilómetros do porto da Morcuera, largo e con fermosos paisaxes serranos,imponente baixada hasta Rascafría e outra vez a sofrir no sempre concorrido porto de Cotos.Non é un porto moi duro pero faise longo e agradécese a sua cima, trala que, e a uns cinco kilómetrosde de falso chan xa nos atopamos en Navacerrada.Agora toca baixar e rodar hasta Segovia.
A etapa segunda sae de Segovia cara a La Granja de San Ildefonso e de alí enfila as moitas e famosas revoltas ata o alto de Navacerrada, desandando o camiño de onte. Duras,das que non se esquencen pero tamén das que mais satisfacen. Dende o alto de Navacerrada volvemos a Segovia a mar de contentos.

Ver LA MORCUERA          Ver COTOS          Ver NAVACERRADA

Lugar: Segovia
Dia e hora: 25/05/2000 10:00 h

Tags:

Seguintes

Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta