Galego - Castellano
Xoves, 24 Abril, 2008 23:19 h

León

Club Ciclista Burela | León

-Tendo como base a cidade de León fixemos duas rotas por estas terras no ano 2.005. A primeira iniciámola en Torre del Bierzo en dirección a Ponferrada, en un terreo plano con algún repeito que, pasada a cidade nos leva ata Molinaseca, donde comenza o ascenso a Cruz de Ferro, longa,dura,rampas do 15 %, interminable....., o final o alto de Foncebadón e un largo descenso que,para variar,tamén temos que pedalear a tope. Para rematar un bo día non pode faltar o cocido maragato en Castrillo de los Polvazares.
O segundo día a rota discorre polos arredores de León, cara a La Robla, boas estradas e casi planas pero que nos esforzamos en que non o sexan marcando un alto ritmo de pedaleo.

Ver CRUZ DE FERRO - FONCEBADON

Lugar: León
Dia e hora: 23/05/2005 12:00 h

Tags: leon
Xoves, 24 Abril, 2008 23:18 h

A Guardia

Club Ciclista Burela | A Guardia

Na primavera de 2.004 rodamos pola veira do Miño na sua desembocadura na Guardia, na ladeira do Monte Santa Tecla, dende donde se ven fermosos paisaxes galegos e portugueses. Dende esta vila mariñeira e entre viñedos de alvariño do rosal pedaleamos con ansias ata Tui, donde comenza un dos portos míticos de Galicia,o Aloia, de nove kms.nada suaves, pero levadeiros e con moita sombra. Merece a pena pola beleza do entorno e o ben coidado que o teñen. A volta pensando na mariscada que nos agarda faise volando.
Facemos outra fermosa rota o dia seguinte tomando cara a Bayona, a estrada está chea de ciclistas xa que é domingo. Na entrada da vila damos a volta e xa na Guardia ascendemos o corto, pero empinado Santa Tecla, que nos deixa listos para outra.

Ver MONTE ALOIA                                        

 

Lugar: A Guardia
Dia e hora: 08/05/2004 10:00 h

Tags:
Xoves, 24 Abril, 2008 23:16 h

Somiedo

Club Ciclista Burela | Somiedo

- Fermosa mañá a que pasamos,partindo de Pravia e dando pedal polas veiras do Narcea e Pigüeña.Estrada tirando para riba con suavidade ata Pola de Somiedo, donde a cousa xa vai mais en serio. Faltan oito kms.de curvas e mais curvas, sin descanso ningún e un vento frontal que te queima, pero todos chegamos. Desde o cumio voltamos a vila a repoñer forzas con fabes, cordeiro e sidra e xa estamos para subir outra vez.

Ver SOMIEDO

Lugar: Somiedo
Dia e hora: 14/09/2003 10:00 h

Tags: somg

Anteriores - Seguintes

Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta