A principios dos noventa empeza a verse polas estradas da Mariña xente en bicicleta, cicloturistas, persoas que buscamos na bicicleta unha forma de disfrutar o tempo libre facendo deporte en contacto coa natureza.
Por entonces nacen o primeiros clubs ciclistas, pola necesidade que temos as persoas que compartimos afeccións comúns de asociarnos e tratar de unir esforzos para lograr afrontar actividades que individualmente non sería posible, nas diferentes poboacións, Ribadeo, Barreiros, Foz e Viveiro. A xente que anda en bicicleta asociase a estes clubs, pioneiros, por diferentes razóns (proximidade, afinidade, etc.).
Un número considerable destes cicloturistas residiamos en Burela, uns eran socios dalgún club e outros non estaban asociados a ningún, entre uns e outros empezamos a falar de que Burela podía ter o seu club pero faltaba alguén que dera o primeiro paso, este partiu de Antonio Galán que contactando con Tomás López, no outono do 1.995, convocaron a primeiras reunións, repartindo notas polos portais, e primeiro dous logo catro despois oito, os afeccionados a bicicleta acudimos a estas reunións e así naceu o Club Ciclista Burela cuia acta fundacional data do 25 de novembro de 1.995. Desde entonces o número de socios foise incrementado ano a ano, sendo na temporada 99 o club de maior número de participantes en moitas marchas cicloturistas e na temporada 2.000 o que ten mais licencias federativas de Lugo e o segundo de Galicia.
As características principais son que é un club de activades deportivas e recreativas, sen ánimo de lucro e as probas que organiza dependen da Federación de Ciclismo e teñen que ser de carácter non competitivo.
As actividades que organiza son a denominada Rota Cicloturista da Mariña, que ten data fixa no calendario de marchas cicloturista de Galicia o terceiro sábado do mes de xullo. A partir de febreiro de 2006, organizamos a Rota Cicloturista de Montaña de Burela.
Asímesmo realizamos unha excursión cada ano a un lugar a decidir en consulta os socios. En anos anteriores temos ido os Teixois, San Andrés de Teixido, Cudillero,Pontedeume,A Guarda,Betanzos, Lagos de Covadonga, Béjar,Oviedo,Ourense, Segovia, Logroño, etc. Tamén socios do club paseamos o nome de Burela polo Camiño de Santiago, algúns dende Roncesvalles. Non falta tampouco quen pasou os Pirineos para escalar o Aubisque e ó Tourmalet.O órgano de goberno do club é a Xunta Directiva composta por presidente, vicepresidente, tesoureiro, secretario e cinco vocais. Esta xunta renovase cada catro anos.
Durante esta andadura de doce anos debemos facer unha mención especial a duas empresas muy recoñecidas en Burela , O CATALAN CHAVE DE OURO e BURELARTE S.L. que nos deron o seu apoio económico sin condicións, así como o CONCELLO DE BURELA que nos brindou a máxima colaboración nos eventos que organizamos e aportando axudas para financialos. ...
Parque de Somiedo...
