Galego - Castellano
Xoves, 30 Xuño, 2011 21:59 h

XVI Marcha Cicloturista da Mariña e II Desafío BTT

Club Ciclista Burela | XVI Marcha Cicloturista da Mariña e II Desafío BTT

Este Verán o Clube Ciclista Burela ten en mente realizar dúas actividades:

 -XVI Marcha Cicloturista da Mariña. Celebrarase o 9 de Xullo. A inscripción será no mesmo día, o prezo da inscripción será de 15 euros para os federados e de 12 euros máis para os non federados. Este ano o percorrido será innovador, xa que subiremos o porto das Oiras, o Alto de Rúa e como de costume, o duro final do Monte Castelo.

 -II Desafío BTT. O día 6 de Agosto, celebraremos a segunda edición do Desafío en Bicicleta de montaña. Toda a información sobre este evento endurero e de longo percorrido, recoméndase visitar o blog http://desafiobtt2011.blogspot.com.

Tags:
Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta