
O día 25 de Xaneiro, colgamos as bicis e fomos coas nosas parellas a estirar un pouco as pernas por uns paraxes únicos. Realizamos unha rota de Sendeirismo polas Ribeiras do Sor. Exactamente fixemos uns 9 km, dende o Mirador de Augas Caídas, ata a área de recreo de Monte Segade.
A ruta foi bastante dura técnicamente, sobre todo porque a realizamos un día despois do grande temporal que azotou Galicia ese fin de semana. Había ramas e árbores caídas na travesía, o que nos fixo ter que tirar de imaxinación nalgún punto.
O mellor do día foi o cocido que nos fixeron en Casa Urbano, nas Grañas do Sor. Onde aproveitamos para entregar uns pequenos, pero merecidos, agasallos para os anteriores membros da directiva, tras tantos anos de traballo para/con o Club Ciclista Burela.
Pódense acceder a todas as fotos deste día dende o seguinte enlace a Picasa:
Tags: rota ribeiras do sorPuerto de Menga - Puerto de Navalmoral...
