Galego - Castellano
Martes, 02 Xuño, 2009 22:49 h

Primeira excursión anual. Costa da Morte

Club Ciclista Burela | Primeira excursión anual. Costa da Morte

O pasado 29 de Maio disfrutamos do noso primeiro viaxe anual. Pernoctamos na vila mariñeira de Corcubión, e dende esa base fixemos dúas rutas inolvidables. O Sábado saímos da desembocadura do rio Xallas rumbo a Muros pola costa. Nesta ruta pasamos por lugares espectaculares como o pobo do Pindo, os Hórreos de Lira e Carnota, a propia vila de Muros. En Muros iniciamos a ascensión pola carretera a Santa Comba onde tocou sufrir un pouco. Ese sufrimento foi reconpensado coas preciosas vistas que nos atopamos no alto da ascensión e no mirador do Ézaro.

Entre etapa e etapa démonos un homenaxe culinario en Fisterra, logo de ver a posta do sol, no excelente restaurante Tira do Cordel.

A Etapa do Domingo era algo máis corta pero moi rompepernas, con contínuos cambios de ritmo por parte dos ciclistas, sempre combativos. Saímos de Muxía logo de abalar a pedra e chegamos a Laxe con bastante fame.

En definitiva un fin de semana perfecto en perfecta compañía. Estamos xa esperando a próxima excursión.

 Para ver as fotos pódense seguir estes enlaces:

Fotos de José Antonio

 Fotos de Juan

Tags: costa da morte, excursion
Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta