Galego - Castellano
Mércores, 30 Setembro, 2009 10:15 h

Nigrán 2009

Club Ciclista Burela | Nigrán 2009

O último fin de semana de Setembro, o Clube Ciclista Burela, disfrutou duns días de confraternización en terras do Rosal.

Esta foi a primeira excursión na que había opción de realizar 2 rutas, unha en bici de montaña, e outra en bici de estrada. Contamos que a experiencia foi positiva e que no futuro, polo menos unha das dúas excursións anuáis sexa deste tipo.

Con parada e fonda en Nigrán, realizamos o sábado duas rutas, unha ruta de estrada: Nigrán-Santa Tegra-Nigrán (aprox 90 km). E tamén unha ruta BTT, acompañados por ciclistas de Nigrán, que nos diseñaron un tour precioso polas inmediacións da Groba. Excelentes paisaxes e excelente compañía.

O Domingo fomos visitar as Illas Cíes, onde realizamos unha camiñata de uns 8 km, visitando e disfrutando dos fenomenáis paraxes que nos ofrece o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Sacamos multitude de fotos, seguindo os seguintes enlaces pódese chegar a elas:

Fotos de Juan

Fotos de José Antonio

Fotos da ruta BTT por José Antonio

Fotos da ruta BTT polos ciclistas de Nigrán

Tags:
Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta