Galego - Castellano
Mércores, 15 Xullo, 2009 23:30 h

Fotos XIV Rota cicloturista da Mariña

Club Ciclista Burela | Fotos XIV Rota cicloturista da Mariña

Celebrouse por fin un ano máis a nosa marcha cicloturista por estrada.

O tempo acompañou ós ciclistas nun día espléndido climatolóxicamente falando. Máis de medio centenar de ciclistas de moitas partes da comarca, Galicia e incluso de outras rexións de España déronse cita no Pavillón Vista Alegre.

Destacar sobre todo a presencia de clubes con moitos participantes, como o Clube Ciclista de Ortigueira, Os de Cambre, o CC. Ferrol, Meira... por nomear algún.

Tamén tivemos a participación dun ciclista de As Pontes montado unha curiosa montura, unha novedosa bicicleta reclinada, que pese o extraño da postura, andaba moi ben, sobre todo nas baixadas.

Os nosos fotógrafos tiraron un montón de fotos. A continuación mostramos os enlaces a distintos albumes da nosa marcha.

Fotos de Alberto

Fotos de Manolo e José Antonio

Fotos de Miguel (Agradecemento ás preciosas fotos que de maneira desinteresada nos fixo Miguel)

 

 

 

 

Tags:
Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta