Mércores, 16 Setembro, 2009 00:21 h

O pasado Sábado 12 de Setembro de 2009, Varios integrantes do Clube Ciclista Burela, fixemos unha grande aventura.
Conectamos Burela coa Terra Cha, en bicicleta de Montaña, subindo o Xistral e o Monseibán. Unha aventura sin precedentes na que 9 intrépidos rodamos máis de 8 horas, durante 87 km por durísimos sendeiros da Serra do Xistral.
A noite anterior foi unha de esas noites nas que non se dorme ben porque estas nervioso. As 8:30 empezouse a xuntar a xente na gasolinera de Burela.
A primeira sorpresa tiñanola preparada Alberto: "DORSAIS PERSONALIZADOS" para todos. Foi un puntazo e un detallazo a agradecer. A verdade e que esta ruta era demasiado importante para non levar dorsais.
A primeira parte da ruta foi xa a un ritmo moi elevado. Chegamos a Vilacampa con unha hora de adianto con respecto a ruta de Xerdiz, que fixemos anteriormente. O tempo acompañou con unha temperatura moi adecuada. Tamen acompañou a sorte, xa que non tivemos averias e moi poucos pinchazos.
Comemos no lugar da Pena Grande, comida amenizada principalmente por chistes de Loros. Un xenero que os compañeiros dominan con un grande repertorio.
Dispuxémonos a ir xa hacia o cumio do Xistral, parando antes a tomar un cafe en casa Candida do Viveiró.
A subida do Xistral foi durísima, non vamos a falar de pendientes, porque houbo unha grande discusion sobre porcentaxes, funcions matemáticas, tanxentes, cosenos.... na que non se chegou a ningun consenso.
Unha vez que subimos a 900 m acomodámonos nesa altitude. Coñecimos o lugar onde nace o rio Eume.
Xa cerca dos 60 km de ruta só nos faltaba o Monseibán. Preciosas baixadas para un disfrute total. Momentos de Improvisación e unha satisfaccion total cando chegamos, por fin, á area recreativa do rio Arnela, coñecida polos avituallamentos da ruta de Vilalba.
Dende o rio Arnela seguimos pola senda da marcha de Vilalba pero ainda faltaba o outro toque de xente grande desta aventura.
En Castromaior, cando viña de Lugo, Maismar gardou nunha silveira avituallamento solido e liquido para a ultima parte do percorrido. Sacou as bolsas ante a estupefaccion de todos e demos boa conta do material que ali habia. Estes detalles son cousas que deixan marcado a calquera. Eu non sei moi ben como agradecer o xesto de Maismar (E a sua pequena). Pero foi un puntazo.
Despois ainda nos quedou moito disfrute polas fincas de Goiriz e Roman. Duchas e suculenta cea na Casa do Rouco.
En fin, fáltanme as palabras para describir o que sentimos neste día. Orgullo de pertencen a este clube ciclista.
Nos seguintes enlaces podense ver as fotos e o track da ruta:
Fotos de Zagato
Fotos de MaismarFotos de Juan
Recorrido realizado
Tags: